4/08/2020

04/08/2020

No centenario do nacemento do mestre gaiteiro Ricardo Portela (Viascón, 1920-1992), o Consello da Cultura Galega presenta esta obra que pon a disposición pública os segredos do mestre, por vontade do autor e coa xenerosa intervención de Carlos Núñez.

Este libro é moito máis ca unha merecida homenaxe a unha figura crucial na historia moderna da gaita galega. Carlos Núñez, ademáis dos apontamentos biográficos, fai unha análise pormenorizada das claves do estilo e técnica interpretativa do mestre de Viascón, e recolle as transcricións do seu repertorio. O resultado é un extenso corpus de máis de corenta obras emblemáticas da gaita galega

DESCARGAR LIBRO

HISTORIA DO LIBRO