NOVO DISCO
CELTIC
SEA
Carlos Núñez publica o seu novo traballo, “Celtic Sea”, que acaba de nacer froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima, que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano, que terán a oportunidade de gozar desta música a bordo.
Estas músicas nacen do mar e das conexións que leva brindando desde fai miles de anos aos pobos celtas atlánticos. Brittany Ferries, a compañía marítima coa que comparto a paixón de seguir unindo todas estas culturas, cumpre 50 anos.
Para celebralo, decidimos crear un himno e unha sinfonía que representen a filosofía de vida que compartimos, sempre ligada á maxia do mundo celta.
Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo…
Pero ademais é un Artista con maiúsculas. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendiendo con fartura os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.
PRÓXIMOS CONCERTOS
Madrid | Teatro Circo Price – Rda. de Atocha, 35, 28012 (Madrid)
Santander | Centro Botín Centre | Muelle de Albareda s/n, Jardines de Pereda, 39004 (Santander)
Palencia | Teatro Ortega – Calle Colón, 2, 34002 (Palencia)
Salamanca | Teatro Liceo – Plaza del Liceo, 37002 (Salamanca)