Tenda

Discover contén 39 temas que percorren a obra dun artista inquieto, arriscado, sempre en permanente procura, revolucionario nas súas aventuras en pos de conexións da música galega con outras culturas, exploradas sempre con primeiras figuras de cada xénero: o celta cos Chieftains, Sinéad Ou’Connor ou The Waterboys; o cubano con Omara Portuondo ou Compay Segundo; o mexicano cos Lobos; o brasileiro con Carlinhos Brown; o flamenco con Carmen Linares, Vicente Amigo, ou Carles Benavent; o medieval con Montserrat Caballé ou Jordi Savall… e tamén aparecen conexións menos evidentes a primeira vista, pero facilmente entendibles no fluír do disco e da carreira de Carlos, por exemplo: Luz Casal, Ry Cooder, Jackson Browne, Ryuichi Sakamoto, ou Laurie Anderson, ou Roger Hodgson de Supertramp.

 

Le Monde dedica ao disco unha páxina completa e explica que se chama Discover non porque Carlos sexa un novato descoñecido, senón porque é sorprendente descubrir a cantidade e variedade do feito por este especialísimo artista nestes primeiros 15 anos de carreira : Desde tocar ante 2 millóns de persoas no xubileu de Roma, a actuar na inaguración de Ryder Cup televisada a todo o mundo; de facer un concerto desde o barco da Fura dels Baus, con centos de actores colgados dos guindastres do porto e partindo ao terminar, a facer a música para un dos mellores grupos de danza contemporánea do mundo, o brasileiro Grupo Corpo, ou para unha película de animación de Ghibli – o Disney xaponés – , ou o seu máis coñecida experiencia con Amenábar para Mar Dentro, ata tocar nun estadio, ou cunha orquestra sinfónica fronte á Catedral de Santiago.

 

Carlos Núñez está recoñecido como “un dos músicos máis excitantes e serios de mundo” pola BBC. O diario francés Libération considerouno como “a única estrela planetaria da gaita”, The Times dió 5 estrelas ao concerto de presentación do seu último disco no Reino Unido e Os Angeles Times publicou que “se é posible converterse nunha estrela pop tocando música tradicional con gaita e frauta, el podería ser o home” e Billboard chegou aínda máis lonxe: “O Jimi Hendrix da gaita”.

CD1

  • Amanecer
  • A Irmandade das Estrelas
  • Mar Adentro
  • Negra Sombra
  • Marcha do Entrelazado de Allariz
  • María Soliña
  • A Orillas del Río Sil
  • Concierto de Aranjuez
  • Viva la Quinta Brigada
  • A Lavandeira da Noite
  • Cantigueiras
  • Lela
  • Jigs & Bulls
  • Galleguita
  • Galleguita / Tutankhamen
  • Para Vigo me Voy
  • Guadalupe
  • Padaria Elétrica da Barra
  • Nau Bretoa

CD2

  • The Crow on the Cradle
  • Aires de Pontevedra
  • Camiño de Santiago
  • Pasacorredoiras
  • The Moon Says Hello
  • The Raggle Taggle Gipsy
  • Karante Doh Doue
  • The Three Pipers
  • Saint Patrick’s An Dro
  • Women of Ireland
  • Bolero
  • Diferencias sobre la Gayta
  • Prelude – J.S. Bach
  • Alborada de Vigo
  • The Foggy Dew
  • Shining Boy & Little Randy
  • Ocean of Sound
  • Morning Poem
  • Ponthus et Sidoine
  • Salve Finisterrae