Tenda

O auditorio de Castrelos é un lugar “zen” desde onde se divisa a posta de sol no máis aló das Cíes – coñecidas antigamente como “illas dos deuses”- na boca da ría de Vigo, porta do Océano Atlántico.

Este escenario é o caderno de roteiro de Carlos: aquí estreouse con 13 anos, aquí presentaríanlle dias despois aos que se converterían nos seus mestres inseparables: The Chieftains. E aquí mesmo presentou noutro concerto memorable o seu primeiro disco: “A Irmandade dás Estrelas”.

Vinte anos despúes do inicio da viaxe, Carlos sabía que este teatro de pedra baixo as estrelas, rodeado de árbores centenarias, seguiría gardando a súa maxia.

Castrelos foi como un barco no que emprendemos un viaxe mar dentro, pola costa de Galicia, polos camiños de Santiago e a paso trepidante polas corredoiras (os camiños interiores). O baile ensinounos as súas ás.

Vivimos duelos apaixonados entre punteiros acompañados polos lumes mariñeiros. Os nosos corazóns entrelazáronse: as mulleres de irlanda, as meniñas de aquí, a galleguita en terras arxentinas que cantaba gardel no seu tango… E collémosnos da man como os druídas de bretaña e pedímoslle a deus – ou aos deuses – que esa danza da felicidade na que estabamos inmersos non terminase nunca. Naquela festa final, todos sopramos xuntos pola pipa da paz, das culturas e do amor.

Dicía Ramón Sampedro que “o mariñeiro é o soñador adulto que nunca deixou de ser neno”. Dise tamén aquí que “despois de lanuxe, serás gaiteiro”. Nesa noite todos fomos mariñeiros… Ou gaiteiros.

 

  • Intro
  • Mar Adentro ( títulos finales)
  • Camino De Santiago
  • A Costa De Galicia
  • Amanecer
  • Pasacorredoiras
  • Entrelazado De Allariz
  • Tears Of Stone (Non Te Namores Meniña)
  • Duelling Chanters
  • Galleguita (Tango)
  • An Dro
  • Solo Le Pido A Dios
  • Reels
  • Alborada De Veiga / Muineira De Chantada
  • Aires De Pontevedra