Tenda
Carlos Núñez volve sorprender cun disco inesperado no que introduce un punto de provocación a través de interpretacións valentes de temas universais, partindo do mundo do cinema.
É un disco que se gravou como parte do mesmo proceso creativo que Mar Dentro e que continuou con novas bandas sonoras nas que Carlos participou desde entón.
No disco participan convidados da talla de The Chieftains, Doce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Soas, Patrizia Laquidara ou Juan Manuel Cañizares.
Acompaña ao disco un documental dunha hora de duración dirixido por Robert Bellsolà en base a imaxes inéditas que o propio Carlos foi gravando cunha cámara mini DV.
A relación da música de Carlos Núñez co mundo das imaxes é evidente: boa parte dos seus temas son como bandas sonoras de películas imaxinarias para as que cada quen pode soñar un guión ou unhas paisaxes ao seu gusto.
Lembramos tamén que a súa carreira internacional lanzouse tras a súa participación cos Chieftains na banda sonora da Illa do Tesouro, con Charlton Heston e Oliver Reed. Tiña Carlos 18 anos.
Desde os seus primeiros pasos na música, Carlos asistía cada verán a sesións de cinema ao aire libre a pe da vella casa da súa familia ao bordo da ría de Vigo, na praia de Deilán, entre os campos de millo e as viñas, a dous pasos do mar… Gravando nesa mesma casa para Mar Dentro, Carlos acordouse desas músicas de cinema que el mesmo tocaba cando empezaba a tocar a gaita. Fixo algunhas maquetas por curiosidade de temas como A Misión ou O Padriño, deixoullas a escoitar a Alejandro Amenábar, que lle animou a continuar.
Por certo, que se inclúe neste disco unha canción inédita composta por Alejandro e Carlos sobre un poema de Ramón Sampedro, cantada por Doce Pontes.
Desde entón houbo novas incursións no cinema, como o tema principal da última banda sonora de Ryuichi Sakamoto con quen xa colaborou en diversas ocasións, a BSO de Manuale d’Amore 2 (con Mónica Bellucci e Elsa Pataky) e moi especialmente a de Gedo Senki (Historias de Terramar), unha película de animación xaponesa baseada no imaxinario celta que foi unha verdadeira sensación naquel país.
Carlos foi mesmo, sen prexuízos, máis aló do cinema nalgúns temas, cara ao universal, explorando os límites da gaita con pezas como o Preludio á Suite N. 1 para Cello de Bach ou o Bolero de Ravel..
Ademais, esta nova aventura de Carlos Núñez quedou plasmada por primeira vez en imaxes, a través de filmacións moi persoais que ata o de agora nunca viron a luz. Sen dúbida fascinarán os moito territorios en que o gaiteiro se move como peixe na auga, desde concertos ou gravacións orquestrais en Alemaña ou Xapón, ata recollidas de campo de vellos gaiteiros na Fonsagrada galega, pasando por xiras e gravacións en Estados Unidos cos Chieftains ou Ryuchi Saakamoto, ou na mismísima Sicilia. Todo iso montado de maneira orixinal, vertixinosa e con gran sentido do humor polo director novel catalán Robert Bellsolá, que nestes momentos prepara o seu primeiro longo e sen dúbida dará moito que falar.
- Home Da Terra
- Bolero
- Shining Boy & Little Randy
- Historias de Terramar
- Historias de Terramar II
- Gabriel’s oboe (La Misión)
- Women of Ireland
- Preludio de la Suite Nº 1 para Cello de Bach
- You’re so cool
- Noite e Luar
- Weep Not For The Memories
- Títulos Finales (Mar Adentro)
- Finale (El Padrino)
- Conciero de Aranjuez (Adagio)
- Quero Ir ao Mar
- Dragon
- El viaje (Mar Adentro)
- Town Jig
- The Sailor’s Hornpipe (Popeye)
- Tristán e Isolda
- Smile