Tenda

Conta con colaboracións doutros grandes do xénero, como The Chieftains, Alan Stivell, Dan Ar Braz, Altan, Sharon Shannon, Dónal Lunny ou Donald Shaw, de Capercaille. A eles únenselles sons norteamericanos achegados por Ry Cooder e o son tropical dos músicos brasileiros. Inter-Celtic inclúe éxitos recentes como a sintonía que gravou para a Volta Ciclista a España o verán pasado, ou a súa recente participación no novo espectáculo dos creadores de Riverdance, que une música celta e latina.

 

Tamén incorpora participacións en bandas sonoras que non tiveran cabida en discos anteriores, como a realizada para o xaponés Studio Ghibli. O álbum acompáñase cun DVD bonus con vídeos de grandes concertos, como o que deu fronte á catedral de Santiago de Compostela coa Orquestra Sinfónica de Galicia, e outro ante 80.000 persoas no Stade de France en París.

  • Mambo
  • Vento das Cíes
  • Is the Big Man Within?
  • Jota do Porto do Cabo
  • O Cabalo Azul
  • Gavotte – Pandeirada
  • Tro Breizh
  • Un Galicien libre á Paris
  • Over Nine Waves
  • Alborada de Veiga/Muiñeira de Chantada
  • The Flight of the Earls
  • Feira de Mangaio
  • Nubes del otro lado
  • Lundu
  • A Moura
  • Reel Roots