Tenda

“De Norte a Sul, De Este a Oeste, a música das paisaxes da alma. O encontro festivo e pasional da estirpe da liberdade” .
Manuel Rivas

Tocar a gaita polo mundo adiante e vir de Galicia, un país descoñecido “que está ao noroeste de España, xusto encima de Portugal”, faiche encararche cos tópicos culturais que nos identifican internacionalmente -que en xeral son andaluces- e lévache a unha apaixonante expedición musical: O da música celta en Galicia -e por extensión Asturias, Cantabria, País Vasco,Cataluña mesmo…- ten moito de vontade diferenciadora deste estereotipo español/andaluz. Ata o de agora, a vía politicamente correcta para explicar a nosa música era a través das culturas do frío, pero tamén debemos moito ás da calor -é a oposición da Atlántica fronte ao Mediterráneo, a choiva e o sol, o norte e o sur, o sol nacente e o poñente….

 

Por sorte puxemos de moda a música celta, pero por desgraza agora ten en ocasións o escaso sabor do plastificado. En países como Francia ou Italia, a música celta foi tomada mesmo pola extrema dereita da Fronte Nacional ou a liga Norte, por ser un símbolo do “puro e épico”.

 

En Galicia os grupos celtas nacidos dos festivais dos 70 tocaban muiñeiras, pandeiradas, alalás ou foliadas -pasadas por un tamiz romántico-, pero case nunca certas xotas ou pasodobres -que podían soar españois- ou cantos de sega -que, peor aínda, soaban morunos-. Había unha selección “política” do repertorio.

 

Para a nosa sorpresa e desesperación, incluso as pezas galegas que nos parecían máis celtas, aos irlandeses soábanlles familiares, pero ao mesmo tempo moi “Spanish”. De feito, moita da música clásica de raíz española, proviña en realidade de Asturias, do País Vasco, do norte en xeral, máis que do flamenco puro e duro, que desde logo non existía na forma que hoxe o coñecemos. Esta música conforma desde o século XVIII o imaxinario universal de “o español”

  • Jigs & Bulls
  • Os Amores Libres
  • Muiñeiras da Sorte
  • Maria Solina
  • O Cabalo Azul
  • The Raggle Taggle Gipsy
  • Danza da Lúa en Santiago
  • A Lavandeira da Noite
  • Negra Sombra
  • A Lavandeira da Noite
  • Viva la Quinta Brigada
  • O Castro da Moura