Tenda
Xa en pleno 2002, a compañía discográfica BMG, coa que gravei os meus tres primeiros discos, A Irmandade dás Estrelas, Vos Amores Libres e Mayo Longo pídeme que faga unha selección persoal do mellor destes primeiros anos …Imposible! Como vou escoller entre tantas gravacións inesquecibles? Ante a insistencia non me quedou máis remedio que aceptar e ofrecervos este resumo musical, coma se tratásese dun balance dos soños conseguidos ata o de agora.
Aquí atopardes as miñas primeiras gravacións cos Chieftains, as miñas primeiras experiencias co pop e a música clásica, a procura de novas linguaxes comúns con músicas do sur como o flamenco, as soñadas relacións entre o galego e o portugués, a conexión americana da música galega e algunhas das miñas dispersas colaboracións con artistas doutros países e outros mundos.
Estas melodías son o diario de roteiro das miñas aventuras musicais. Estas aventuras que comezan sempre en Galicia e van cara ao universo, descubríronme xentes e mundos que sen darme conta son xa parte da miña vida e espero que tamén da vosa.
Carlos
- Amanecer
- Mary´s Lament-Caoineadh Mhuire
- A Irmandade das Estrelas
- Tears of Stone
- Setting Sail
- Lela
- The Moon Says Hello
- Bailando con Rosiña
- Negra Sombra
- A Lavandeira da Noite
- Muiñeiras de Poio e Ourense
- El Pozo de Arán
- Morning Poem
- Para Vigo me Voy
- A Costa de Galicia
- The Raggle Taggle Gipsy